Dispoñemos de diferentes servizos para os nosos clientes, empregando técnicas en suspensión mediante cordas, evitando así os costosos e molestos andamios.

Os materiais que empregamos nos nosos traballos son sempre de moi alta calidade para poder ofrecervos asi un traballo garantido.

Estes son alguns dos traballos mais habituais:

Limpeza de Canalons, Cristais, Fachadas, …

Os canalons nun edificio son os encargados de recoller a auga da choiva que cae sobre a cuberta e baixala ata o chan canalizada. Se os canalons están sucios ou atascados, a auga os encheria provocando unha cortina que escorreria pola fachada e no peor dos casos por culpa do peso, poderia provocar o desprendemento dos mesmos.

A limpeza dos cristais exteriores e da fachada mediante tecnicas en suspension con cordas, pode resultar moi eficaz e economica o non ser necesaria a utilizacion de ningun tipo de andamio nin plataforma que resultarian moi costosos para o tipo de traballo.

Rehabilitacion e impermeabilizacion de fachadas, patios de luces, medianeras, …

  • A nosa maior prioridade a hora de acometer unha rehabilitacion nun edificio ou vivenda e tratar de satisfacer o maximo o noso cliente, empregando o sistema e metodo de traballo que millor se adapte as condicios da obra mantendo un coste baixo e en pouco tempo.
  • A maneira mais eficaz de saber se o voso edificio precisa algun tipo de impermeabilizacion e mirando as paredes do interior da vivenda, buscando nelas manchas de moho, pintura desprendida ou incluso cambios de tono nos rodapes do parquet.

Se observa algun destes sintomas, contacte con nos e lle buscaremos a millor solución o millor precio…

Reparacions de baixantes, canalons, chimeneas , tellados, …

  • As técnicas en suspensión mediante cordas, nos permiten realizar sustitucions e reparacions tanto en baixantes como en saidas de gases nun so día e sen sobre-costes adicionáis de andamios ou plataformas que precisan ademais permisos de ocupación e outros, pra poderse empregar. No noso caso, non faria falla nada mais que que contacten con nos e o trataremos de solucionar tan rápido como sexa posible…
  • Tamen empregamos cordas para realizar de forma segura as reparacions de cubertas de tella, pizarra ou uralita, e evitar así as temidas filtracions e goteiras cando comezan as choivas.
  • Consideramos fundamental realizar unha revisión visual do estado da cuberta, canalons e baixantes anualmente, para evitar así danos maiores.

Instalacions de elementos publicitarios, sistemas anti-aves, canaletas de cable, baixantes, canalons, …

  • Mediante traballos verticais e empregando tecnicas de suspension con cordas, realizamos o vinilado de vallas publicitarias, a instalacio de lonas, rotulos e outros elementos que debido a gran altura a que se atopan, se precisan especialistas do noso sector.
  • Do mesmo xeito, tamen instalamos sistemas anti-aves para evitar a proliferacion das mesmas en zonas nas que poden ocasionar desperfectos e moletias na comunidade.
  • A instalacion de baixantes, canaletas de cable de telecomunicacions ou mesmo canalons, son traballos que empregando tecnicas en suspension con cordas, se poderian facer nun so dias e sen ocasionar as molestias e costes dun andamio.

Podas e talas en altura de arbores ornamentais e frutais.

  • Realizamos todo tipo de poda de arbores altas, as que so temos acceso a elas con plataformas elevadoras, ou mediante tecnicas de acceso a arbore mediante cordas tendo acceso asi a todalas ramas dun xeito rapido e economico.
  • No caso das talas, empreganse moito os nosos servicios cando temos unha arbore que non se pode tirar polo pe porque esta rodeada de cousas que non queremos dañar, nesses casos accederiamos a ela e procederiamos a baixala a toradas.

Desbroce de taludes e instalación de malla de retención.

  • Empregando tecnicas de suspension mediante cordas, accedemos os taludes os que non temos acceso mediante maquinaria pesada e os desbrozamos empregando a maquinaria que millor se adapte a cada caso, pero sempre prevalecendo a seguridade.